A Asociación de veciños Eduardo Pondal ven de aprobar a
realización dunha homenaxe anual as mulleres continuando así coa
primeira homenaxe realizada por esta asociación no marco do 8 de
marzo "día internacional da muller" de 2016 e que levaba como
titulo "Homenaxe as mulleres do gorgullón" desenvolvida o 5 de
marzo de 2016.
Creamos esta homenaxe anual no mesmo marco do 8 de marzo "día
internacional da muller" co obxecto de darlle continuidade no
tempo polo que este ano faremos a "2ª homenaxe da asociación as
mulleres".
Neste ano homenaxearemos a Pilar Comesaña pola súa laboura nesta
asociación:
-Dende o principio Pilar tivo un papel activo na vida cotiá da
asociación,o seu bo facer levouna, anos mais tarde, a formar parte
da xunta directiva durante anos, demostrando o seu compromiso co
movemento veciñal de Pontevedra que nunca deixou, inda que
adquiriu outros compromisos segue axudando a desenrolar as xa
tradicionais actividades desta asociación como o san Xoán e o
magosto nos que ate o día de hoxe segue participando activamente.
O sábado 11 de marzo as 12:00 no Centro Social do Gorgullón "2ª
homenaxe da asociación veciños Eduardo Pondal as Mulleres" - Pilar
Comesaña.
12:00 - 12:15 : Recepción
12:15 - 12:45 : Charla coloquio da homenaxeada
12:45 - 13:00 : Entrega do agasallo homenaxe á muller da
asociación
13:00 - 14:00 : petiscos coa homenaxeada e os participantes
7 de março de 2017
26 de janeiro de 2017
14 de janeiro de 2017
27 de dezembro de 2016
26 de dezembro de 2016
20 de outubro de 2016
22 de setembro de 2016
Assinar:
Postagens (Atom)





