Inaugurado o 4 de febreiro de 2011, este Local Social está xestionado de forma compartida pola Asociación Veciñal Eduardo Pondal e o Concello de Pontevedra. Este último axuda a estimular e promover a programación do Centro Social destinando actividades relacionadas co departamento de Muller, Servizos Sociais e Xuventude, atendendo a unha demanda histórica da Asociación tras quedar sen o Local Social situado nos terreos da Estación.
Pola súa banda, a Asociación de Veciños Eduardo Pondal é a encargada do mantemento do local, sostén unha ludoteca, unha biblioteca doada polos socios, sala de lectura, zona wi-fi e diversas estancias para o encontro dos veciños. Impulsando dende hai máis de 20 anos a integración da zona sur no ámbito xeográfico, social e cultural de Pontevedra é, na actualidade, a Asociación Veciñal con maior número de socios de toda a cidade. Visualizar o mapa ampliado

Cual es la forma de contactar con la asociacion? Telefono/email?
ResponderExcluirBoas tardes: telefono non temos mais calquera cousa podes comunicarte dirixíndote ao correo electronico: contacto.aveduardopondal@gmail.com.
ExcluirGrazas polo teu interese.