11 de novembro de 2017

Novas imaxes

Entra na nosa paxina de imaxes actualizada coas fotos da actividade de labores na rúa e do magosto 2017. Preme na paxina de imaxes nesta ligazón para ver as distintas galerías de fotos ou ben preme directamente nas fotos de:

-Labores na rúa 2017
https://www.facebook.com/AV.EduardoPondal/photos/a.2006883642662690.1073741829.190954854255587/2006883749329346/?type=3&theater

-Magosto 2017
https://www.facebook.com/AV.EduardoPondal/photos/a.2019746968043024.1073741830.190954854255587/2019748351376219/?type=3&theater

22 de setembro de 2017

Comezo do curso 2017-2018

Este ano temos novos cursos. Prazo de inscripción aberto. 
(mes de setembro aberto os xoves de 18:30 a 20:30 e os sábados de 11:30 a 13:30)


7 de março de 2017

2ª homenaxe da asociación as mulleres

A Asociación de veciños Eduardo Pondal ven de aprobar a realización dunha homenaxe anual as mulleres continuando así coa primeira homenaxe realizada por esta asociación no marco do 8 de marzo "día internacional da muller" de 2016 e que levaba como titulo "Homenaxe as mulleres do gorgullón" desenvolvida o 5 de marzo de 2016.

Creamos esta homenaxe anual no mesmo marco do 8 de marzo "día internacional da muller" co obxecto de darlle continuidade no tempo polo que este ano faremos a "2ª homenaxe da asociación as mulleres".

Neste ano homenaxearemos a Pilar Comesaña pola súa laboura nesta asociación:
-Dende o principio Pilar tivo un papel activo na vida cotiá da asociación,o seu bo facer levouna, anos mais tarde, a formar parte da xunta directiva durante anos, demostrando o seu compromiso co movemento veciñal de Pontevedra que nunca deixou, inda que adquiriu outros compromisos segue axudando a desenrolar as xa tradicionais actividades desta asociación como o san Xoán e o magosto nos que ate o día de hoxe segue participando activamente.

O sábado 11 de marzo as 12:00 no Centro Social do Gorgullón "2ª homenaxe da asociación veciños Eduardo Pondal as Mulleres" - Pilar Comesaña.
12:00 - 12:15 : Recepción
12:15 - 12:45 : Charla coloquio da homenaxeada
12:45 - 13:00 : Entrega do agasallo homenaxe á muller da asociación
13:00 - 14:00 : petiscos coa homenaxeada e os participantes