25 de dezembro de 2018
20 de novembro de 2018
2 de novembro de 2018
20 de setembro de 2018
19 de setembro de 2018
20 de junho de 2018
Ytiddo Benozzo: Palestra concerto de arpa
Coloquio
e concerto de harpa de
Francesco
Benozzo
Catedrático
de linguística na Universidade de Bologna (Italia), poeta e músico, Benozzo é
considerado un dos mellores harpistas vivos (harpa céltica e harpa bárdica) e
foi catro veces consecutivas candidato a Premio Nóbel de Literatura, incluindo
este ano 2018.
No
eido académico é un dos grandes nomes por detrás do chamado “Paradigma da
Continuidade Paleolítica”, onde coloca a nosa terra nun lugar central na xénese
e desenvolvemento dos pobos atlánticos.
Con
centos de publicacións e 10 discos editados, estamos en definitiva perante un
auténtico xenio polifacético do noso tempo.
Ven
escoitalo nun evento único na Galiza que el mesmo definiu como “a hora de dar
un significado final a anos de investigación”.
Sábado 30
Xuño no Centro Social Gorgullón (Rua da
Curtidoira, Pontevedra).
- 19:00
Palestra “Os celtas atlánticos da Galiza e o mito da Atlántida: evidencia
científica para unha vella lenda?” (en inglés con tradución simultánea ao
galego).
- 19:45
Quenda de preguntas e debate.
- 20:30
Descanso.
- 21:00
Concerto, con versións únicas en harpa do repertorio de David Bowie, parte da
xira europea YTIDDO - Benozzo performs Bowie
Organiza:
IDG.
Colabora/Apoia:
A.V. Eduardo Pondal – Centro Social Gorgullón, A.C. Desperta do Teu Sono.
Video
promocional: https://youtu.be/O8lWuJQ1nNI
18 de junho de 2018
23 de maio de 2018
Presentación do libro "A voz insurrecta. María Victoria Moreno"
O Martes 29 de Maio as 20:00 presentase o libro "A voz insurrecta. María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida." no Centro social do Gorgullón.
9 de março de 2018
3ª homenaxe da asociación as mulleres "8 Marzo"
Continuando coa
homenaxe anual ás mulleres realizada por esta asociación no marco do 8 de
marzo "día internacional da muller" e que levaba como
titulo "Homenaxe da A.VV. Eduardo Pondal as
mulleres "8 Marzo" " desenvolvida xa en 2016 e 2017.
Neste ano homenaxearemos a Leonor González Prieto (Nené) pola súa recoñecida traxectoria na vida social pontevedresa e as súas participacións cara esta asociación:
-Leonor González Prieto (Nené) destacou sempre pola defensa mais xusta, confortable e sen contaminación. No ano 1987 xa formaba parte de xunta xestora da defensa da ría. No ano 1989 formaba parte da asociación APDR como vicepresidenta desta, pasando a ser a súa presidenta. Sobre o ano 1990 comezou a destacar pola súa colaboración coas diferentes asociacións o que lle levou a recibir o premio COGAVE (Confederación Galega de Asociacións de Veciños), en concreto coa A.VV. Eduardo Pondal na cal participou activamente dende entón como socia.
O sábado 17 de marzo as 12:00 no Centro Social do Gorgullón "3ª homenaxe da A.VV. Eduardo Pondal as Mulleres "8 Marzo": Leonor Gonzalez Prieto (Nené) "
12:00 - 12:15 : Recepción
12:15 - 12:45 : Charla coloquio da homenaxeada
12:45 - 13:00 : Entrega do agasallo homenaxe á muller da asociación
13:00 - 14:00 : petiscos coa homenaxeada e os participantes

1 de fevereiro de 2018
13 de janeiro de 2018
Fotos do Apalpador 2017
Xa temos as fotos da chegada do apalpador deste nadal.
Que ben o pasamos
Fotos na nosa sección de foto -> aqui
Ou directamente premendo na foto
Assinar:
Postagens (Atom)