12 de março de 2020

Cancelamos as actividades

Boas tardes a todas e todos:
Despois do comunicado oficial que ven de dar a Xunta e de manter contacto co concello de Pontevedra polas medidas a tomar na contención do COVID-19 debemos, por recomendacións e responsabilidade, Cancelar as actividades no Centro Social do Gorgullón polo que cancelamos tamén esta actividade.
Seguiremos informandovos das medidas e actividades que iremos realizando cando poidamos reanudar a nosa actividade cotiá.

Grazas a todas e todos pola vosa comprension e desculpen as molestias.
Saúdos.


15 de fevereiro de 2020

Fotos actividades último trimestre 2019

Xa temos engadidas as fotos das actividades Magosto e Apalpador 2019. Foi un placer poder seguir facendo estas actividades para as veciñas e veciños que nos acompañaron nestas festas.

Agardamos que vos gusten.

Magosto 2019   : Ligazón


Apalpador 2019: Ligazón


11 de março de 2019

4ª homenaxe da asociación as mulleres "8 Marzo"

Continuando coa homenaxe anual ás mulleres realizada por esta asociación no marco do 8 de marzo "día internacional da muller" e que levaba como titulo "Homenaxe da A.VV. Eduardo Pondal as mulleres "8 Marzo" " desenvolvida xa en 2016, 2017 e 2018.

Neste ano homenaxearemos a Concepción Rey Rios pola súa cooperación e compromiso co movemento veciñal  e as súas participacións cara esta asociación:
-Concepción Rey Rios Nada en Bueu, orgullosa de ser filla de mariñéiro e peixeira é unha muller ligada ó mar dende que naceu.
Estudou biblioteconomía en Ferrol traballando mais tarde en Londres onde perfecciona o idioma ingles.
Á sua volta da diaspora comeza a traballar no Museo de arte contemporaneo de Vigo polo Plan de inserción laboral para xente con estudos, traballo que deixa por motivos de saúde tras ser diagnosticada dunha enfermidade dexenerativa.
Enfrenta o seu diagnóstico de frente e toma a dura decisión de deixar a súa vila natal trasladarse a Pontevedra para enfrentarse ó tratamento e ter medios de rehabilitación mais perto. Dende o primeiro momento decide involucrarse nesta asociación de veciños participando con nos en todas as nosas actividades e grazas a súa experiencia pon en marcha a biblioteca da asociación que neste momento conta con mais de mil titulos e cun estado de funcionamento perfecto, un servizo para os veciños da man desta muller comprometida con esta asociación.
Inda afrontando esta enfermidade sigue loitando e apostando pola cooperación e compromiso co movemento veciñal involucrandose en todas as actividades tanto reivindicativas como culturais.

O sábado 16 de marzo as 12:00 no Centro Social do Gorgullón "4ª homenaxe da A.VV. Eduardo Pondal as Mulleres "8 Marzo": Concepción Rey Rios"
12:00 - 12:15 : Recepción
12:15 - 12:45 : Charla coloquio da homenaxeada
12:45 - 13:00 : Entrega do agasallo homenaxe á muller da asociación
13:00 - 14:00 : petiscos coa homenaxeada e os participantes

20 de junho de 2018

Ytiddo Benozzo: Palestra concerto de arpa


Coloquio e concerto de harpa de
Francesco Benozzo 
Catedrático de linguística na Universidade de Bologna (Italia), poeta e músico, Benozzo é considerado un dos mellores harpistas vivos (harpa céltica e harpa bárdica) e foi catro veces consecutivas candidato a Premio Nóbel de Literatura, incluindo este ano 2018.
No eido académico é un dos grandes nomes por detrás do chamado “Paradigma da Continuidade Paleolítica”, onde coloca a nosa terra nun lugar central na xénese e desenvolvemento dos pobos atlánticos.
Con centos de publicacións e 10 discos editados, estamos en definitiva perante un auténtico xenio polifacético do noso tempo. 
Ven escoitalo nun evento único na Galiza que el mesmo definiu como “a hora de dar un significado final a anos de investigación”.
Sábado 30 Xuño no Centro Social Gorgullón (Rua da Curtidoira, Pontevedra).
- 19:00 Palestra “Os celtas atlánticos da Galiza e o mito da Atlántida: evidencia científica para unha vella lenda?” (en inglés con tradución simultánea ao galego).
- 19:45 Quenda de preguntas e debate.
- 20:30 Descanso.
- 21:00 Concerto, con versións únicas en harpa do repertorio de David Bowie, parte da xira europea YTIDDO - Benozzo performs Bowie
Organiza: IDG.
Colabora/Apoia: A.V. Eduardo Pondal – Centro Social Gorgullón, A.C. Desperta do Teu Sono.
Video promocional: https://youtu.be/O8lWuJQ1nNI

23 de maio de 2018

Presentación do libro "A voz insurrecta. María Victoria Moreno"

O Martes 29 de Maio as 20:00 presentase o libro "A voz insurrecta. María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida." no Centro social do Gorgullón.


9 de março de 2018

3ª homenaxe da asociación as mulleres "8 Marzo"

Continuando coa homenaxe anual ás mulleres realizada por esta asociación no marco do 8 de marzo "día internacional da muller" e que levaba como titulo "Homenaxe da A.VV. Eduardo Pondal as mulleres "8 Marzo" " desenvolvida xa en 2016 e 2017.

Neste ano homenaxearemos a Leonor González Prieto (Nené) pola súa recoñecida traxectoria na vida social pontevedresa e as súas participacións cara esta asociación:
-Leonor González Prieto (Nené) destacou sempre pola defensa mais xusta, confortable e sen contaminación. No ano 1987 xa formaba parte de xunta xestora da defensa da ría. No ano 1989 formaba parte da asociación APDR como vicepresidenta desta, pasando a ser a súa presidenta. Sobre o ano 1990 comezou a destacar pola súa colaboración coas diferentes asociacións o que lle levou a recibir o premio COGAVE (Confederación Galega de Asociacións de Veciños), en concreto coa A.VV. Eduardo Pondal na cal participou activamente dende entón como socia.

O sábado 17 de marzo as 12:00 no Centro Social do Gorgullón "3ª homenaxe da A.VV. Eduardo Pondal as Mulleres "8 Marzo": Leonor Gonzalez Prieto (Nené) "
12:00 - 12:15 : Recepción
12:15 - 12:45 : Charla coloquio da homenaxeada
12:45 - 13:00 : Entrega do agasallo homenaxe á muller da asociación
13:00 - 14:00 : petiscos coa homenaxeada e os participantes

13 de janeiro de 2018

Fotos do Apalpador 2017

Xa temos as fotos da chegada do apalpador deste nadal.

Que ben o pasamos


 Fotos na nosa sección de foto -> aqui

Ou directamente premendo na foto 

https://www.facebook.com/AV.EduardoPondal/photos/a.2116610161690037.1073741832.190954854255587/2116616675022719/?type=3&theater