Continuando coa
homenaxe anual ás mulleres realizada por esta asociación no marco do 8 de
marzo "día internacional da muller" e que levaba como
titulo "Homenaxe da A.VV. Eduardo Pondal as
mulleres "8 Marzo" " desenvolvida xa en 2016, 2017 e 2018.
Neste ano homenaxearemos a Concepción Rey Rios pola súa cooperación e compromiso co movemento veciñal e as súas participacións cara esta asociación:
-Concepción Rey Rios Nada en Bueu, orgullosa de ser filla de mariñéiro e peixeira é unha muller ligada ó mar dende que naceu.
Estudou biblioteconomía en Ferrol traballando mais tarde en Londres onde perfecciona o idioma ingles.
Á sua volta da diaspora comeza a traballar no Museo de arte contemporaneo de Vigo polo Plan de inserción laboral para xente con estudos, traballo que deixa por motivos de saúde tras ser diagnosticada dunha enfermidade dexenerativa.
Enfrenta o seu diagnóstico de frente e toma a dura decisión de deixar a súa vila natal trasladarse a Pontevedra para enfrentarse ó tratamento e ter medios de rehabilitación mais perto. Dende o primeiro momento decide involucrarse nesta asociación de veciños participando con nos en todas as nosas actividades e grazas a súa experiencia pon en marcha a biblioteca da asociación que neste momento conta con mais de mil titulos e cun estado de funcionamento perfecto, un servizo para os veciños da man desta muller comprometida con esta asociación.
Inda afrontando esta enfermidade sigue loitando e apostando pola cooperación e compromiso co movemento veciñal involucrandose en todas as actividades tanto reivindicativas como culturais.
O sábado 16 de marzo as 12:00 no Centro Social do Gorgullón "4ª
homenaxe da A.VV. Eduardo Pondal as Mulleres "8 Marzo": Concepción Rey Rios"
12:00 - 12:15 : Recepción
12:15 - 12:45 : Charla coloquio da homenaxeada
12:45 - 13:00 : Entrega do agasallo homenaxe á muller da
asociación
13:00 - 14:00 : petiscos coa homenaxeada e os participantes
Nenhum comentário:
Postar um comentário